Persoas falando de persoas. Este é o título elixido polo Grupo Fotográfico Puntoonce para a exposición que este mes teñen instalada na Biblioteca universitaria do campus de Ourense. Entre estantes e libros, os seus membros poñen en escena dez retratos que se integran nos diferentes espazos do centro para atraer a atención e a curiosidade dos seus usuarios. “Coma se dun xogo se tratase, cada imaxe da mostra lévanos a descubrir un pequeno mundo interior, pero de quen?. Da persoa retratada, do fotógrafo que mira, elixe, constrúe e compón, ou do espectador, que mira e interpreta cada fotografía como quere?”, cuestiónanse os promotores da iniciativa.
19/04/2013