Cursaron con brillantez os seus estudos universitarios, dedicáronlle esforzo e sacrificio e convertéronse nos mellores das súas respectivas promocións. A Universidade celebrou este venres o acto de entrega de Premios Extraordinarios Fin de Carreira, de Grao e Doutoramento cun “sinxelo e cálido” acto no que o reitor vigués, Salustiano Mato, desafiou aos 72 alumnos e alumnas que recibiron o galardón, aos que se referiu como “o máis destacado da imaxe de marca da nosa Universidade”, a levar o nome de Vigo e da súa Universidade alá por onde vaian, converténdose así no seu principal “buque insignia”.
Arroupados por vicerreitores, decanos, profesores e moitos amigos e familiares, os premiados recibiron tamén neste acto os consellos do director executivo do Consello Europeo de Investigación, o español Pablo Amor, principal responsable de garantir a independencia e a transparencia na selección de proxectos financiados pola Consello Europeo de Investigación
24/05/2013