Unha parella simulan un cantar de cego na rúa á noitiña

Cultura

A universidade é aprendizaxe, cultura, relacións e tamén ocio e diversión. A vida universitaria fórmate como persoa a través de obradoiros, cursos, seminarios ou xornadas relacionadas co teatro, cine, literatura ou arte. O obxectivo: impulsar a creción de redes de colaboración e fortalecer o tecido cultural. A nosa política cultural é innovadora e acorde aos tempos, busca unha programación plural que recolla multiplicidade de expresións artísticas nunha doble dirección cara á comunidade universitaria e cara a sociedade.    

Un home sentado con diversos elelemntos ao seu redor nunha representación teatral

Teatro e formación escénica

Actuacións teatrais e espectáculos de rúa son algunhas mostras das actividades que desde o Servizo de Extensión Cultural impulsamos no campo das artes escénicas.

Actúa

Música

Música

Contamos cun programa musical que achega ao alumnado propostas de diversos estilos musicais. Poñemos tamén a disposición da comunidade universitaria un local de ensaio para que as bandas ou solistas emerxentes poidan desenvolver o seu propio proxecto musical.

Escoita e crea

Cine

Cine

A Semana de Cine Submarino ou Cine Lingua son algúns dos diferentes ciclos de cinema que prepara o Servizo de Extensión Universitaria, xunto a obradoiros en que se abordan materias de interese formativo.

Observa e crea

premios e concursos da UVigo de creación artística

Premios culturais

A Universidade de Vigo convoca os Premios de creación artística nas disciplinas de pintura, fotografía, maquetas de música e creación audiovisual, nas súas modalidades de curtametraxe narrativa, documental, vídeo publicitario, animación e vídeo experimental.

Crea e participa

Obradoiros

A variedade de obradoiros da Universidade achega unha ampla oferta para o estudantado na procura do desenvolvemento de habilidades e destrezas complementarias ao currículo. Unha formación integral para a reflexión intelectual, a creación artística e a transmisión de coñecementos culturales e científicos.

Participa

Obradoiros