Obradoiros e outros cursos
A Universidade de Vigo ofrece unha ampla variedade de obradoiros e cursos nos tres campus co obxectivo de promover o desenvolvemento de habilidades e destrezas complementarias ao currículo
Cursos e obradoiros
Os cursos e obradoiros están organizados polo Servizo de Extensión Universitaria e abranguen materias de interese formativo para o estudantado, o PDI e o PTXAS. Os obradoiros teñen un carácter máis práctico con actividades de creación, experimentación ou práctica dunha habilidade concreta, mentres que os cursos ofrecen unha formación máis extensa ou xeral sobre un tema que implica tanto teoría como práctica. Achegan unha formación integral para a reflexión intelectual, a creación artística e a transmisión de coñecementos culturais e científicos.
A inscrición formalizarase a través da plataforma Campus Activo:
Campus de Ourense
Campus de Pontevedra
Campus de Vigo
e-Destrezas
e-Destrezas é un programa formativo de balde para mellorar as competencias dixitais da comunidade universitaria
Organización de actividades
Convocatoria de axudas para organizar os obradoiros e cursos de Extensión Universitaria
Queres organizar unha actividade recoñecida por créditos?
- Regulamento de recoñecemento de créditos por realizar actividades universitarias culturais, deportivas, de representación estudantil, solidarias e de cooperación
- Instrucións para a solicitude de recoñecemento de créditos ECTS
- Solicitude de recoñecemento de créditos
- Programa detallado
- Modelo de convenio
Para máis información, podes contactar con:
Campus de Vigo
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal
Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade
+34 988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal




