
Cine
A programación artística e cultural da Universidade de Vigo inclúe diversos ciclos de cinema, proxeccións, cursos e obradoiros en que se tratan materias de interese formativo para o alumnado
Na universidade poderás atopar ciclos de cine como a Semana de Cine Submarino, que lle amosa cada ano ao público todas as caras que presenta o mundo submarino a través da obra das máis destacadas realizadoras e realizadores, con especial protagonismo das producións galegas.
Web da Semana de Cine Submarino
Na Universidade de Vigo tamén se realizan outros ciclos cinematográficos, como o Ciclo de Cine e Lingua, organizado en colaboración co Centro de Linguas da universidade e que lle ofrece ao estudantado a visualización de filmes en versión orixinal.
Para máis información, podes contactar coa Sección de Extensión Universitaria:
Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal
Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.gal