
Artes
A importancia da arte no contexto da cultura e da sociedade contemporáneas é indiscutible. De feito, a expresión artística non só reflicte profundamente a sociedade, senón que tamén contribúe como axente fundamental á creación e á transmisión cultural
Dende a universidade, procuramos o fomento e a promoción da realización de traballos de carácter artístico, máis tamén a difusión do coñecemento e da cultura a través da extensión universitaria e a formación ao longo de toda a vida.
A Universidade de Vigo conta con dúas salas para a exhibición e divulgación do pensamento e creación artística: a Sala Arterarte, no campus de Ourense, a Sala Universitaria Profesor Manuel Moldes, como espazo de exposicións do campus de Pontevedra. Estas salas da Universidade de Vigo tamén se configuran como espazos creativos e dinámicos para as cidades de Ourense e Pontevedra.
Extensión Universitaria encárgase de convocar os premios de creación artística, unha convocatoria anual dirixida a disciplinas como a creación audiovisual, a fotografía, pintura e maquetas musicais.
Para máis información, podes contactar con:
Campus de Vigo
Sección de Extensión Universitaria
+34 986 813 626
extension@uvigo.gal
Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade
+34 988 387 102 | 988 387 089
asc-ou@uvigo.gal
Campus de Pontevedra
Área de Servizos á Comunidade
+34 986 801 949 | 986 801 955
asc-po@uvigo.gal