Cada curso académico, a Facultade de Ciencias do campus de Ourense premia os mellores trabalos fin de grao (TFG) do seu alumnado, un por cada titulación de grao que imparte. Nesta edición, veñen de ser galardoados Andrea Luaces, Duarte Augusto Dias e Miguel Parada. Os galardóns serán entregados no acto de graduación do centro que terá lugar este venres, ás 17.30 h, no edificio Politécnico.
22/06/2023