A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC), coa colaboración da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Xunta de Galicia, fixo públicos este venres os Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2022. PolyDeep, un sistema de intelixencia artificial desenvolvido desde a Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo e capaz de detectar e clasificar pólipos colorrectais en tempo real, foi distinguido co galardón ao mellor traballo de investigación aplicada.
03/06/2022