A comunicación de crise, a publicidade electoral dixital, os boatos ou as estratexias de promoción de contidos dixitais serán algúns dos aspectos a abordar nos Social Media Webinars un ciclo de conferencias virtuais promovido polo Máster en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais
Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans era o título da sexta edición da Xornada sobre bo uso e mal uso do mar que, dada a situación sanitaria, este martes levouse a cabo de xeito virtual a través de Campus Remoto.
A falta da súa proclamación definitiva o vindeiro martes, o profesor do Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente Juan Picos encabeza a única candidatura á Dirección da Escola de Enxeñaría Forestal, centro do que se atopa á fronte desde 2017.
A profesora da Universidad de Almería María Rut Jiménez, os docentes da Universidade da Coruña Belén Toja e Miguel Ángel González e a profesora do IES Valle-Inclán Ana Santos abriron o ciclo de conferencias virtuais promovido polo Máster en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria.
A profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade Emma Torres sucederá a Xosé Baamonde á fronte do decanato de Ciencias Sociais e da Comunicación, despois de que a súa candidatura recibise 32 votos favorables, dez en contra e tres en branco na votación celebrada este mércores na Xunta de Facultade
O profesor da Área de Ciencia Política e da Administración Enrique Valera vén de ser nomeado decano comisario da futura Facultade de Dirección e Xestión Pública, despois que o pasado mes o Claustro aprobase instar ao Consello de Goberno a iniciar o expediente para a creación deste novo centro do campus pontevedrés.
Preto de 80 accións integran o sexto plan de acción do programa Green Campus, proxecto que permitiu a Pontevedra converterse en 2015 no primeiro campus de España en obter a bandeira verde que outorga a Foundation for Environmental Education (FEE).
Tras realizar en setembro parte do seu programa de xeito virtual, a organización do Pont-Up Store, decidiu adiar ata a próxima primavera, sempre que a evolución da sanitaria o permita, a parte presencial do evento.
O vindeiro luns 2 de novembro, o cuarto curso do grao en Publicidade e Relacións Públicas da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación recuperará a modalidade parcialmente presencial que mantiña desde o inicio de curso, despois dunha semana de docencia en liña.
Pendente da súa proclamación definitiva o vindeiro martes, a profesora do Departamento de Comunicación Audiovisual e Publicidade Emma Torres encabeza a única candidatura ao Decanato da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación.
Como achegar a filosofía a contornas educativas formais era o propósito do taller virtual que reuniu ao docente Jorge Sánchez-Manjavacas e o divulgador Diego Horschovski co alumnado do grao en Educación Primaria.
Promover o consumo de alimentos de proximidade e ecolóxicos entre a comunidade universitaria é o propósito central do grupo de consumo Campus de Pontevedra, unha iniciativa inserida dentro das accións do programa Green Campus.
As diferentes titulacións da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte retornan este mércores á modalidade de docencia mixta, despois de que a detección de positivos nos test rápidos realizados ao alumnado motivasen o pase a docencia virtual nas xornadas de luns e martes.
Luz de ventá é o título do taller que entre este luns e este mércores imparte na Facultade de Belas Artes o fotógrafo vigués Nacho Alonso e que ten como eixo abordar a realización de retratos en escenarios cotiás, empregando a propia luz presente no lugar.
Todas as titulacións da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e o cuarto curso do grao en Publicidade e Relacións Públicas pasarán temporalmente a impartir a súa docencia de xeito virtual tras a detección de positivos nos test rápidos realizados ao alumnado.