Tras unha reprogramación dos títulos a proxectar, esta semana arranca en Vigo unha nova edición do Ciclo de Cine e Lingua, organizado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria e dedicado, nesta ocasión, ás mulleres directoras.
A ciencia mariña espallouse esta fin de semana por Vigo coa celebración da Xornada de Portas Abertas do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.
Design Thinking for Engineering. A practical guide é o título do libro editado por un grupo de docentes e investigadores da UVigo e doutras institucións académicas, que acaba de ser publicado pola editorial británica de enxeñaría TheIET.
Nun acto celebrado na tarde deste mércores no Hotel Pazo Los Escudos, a científica da Universidade de Vigo Elena Ojea recibiu o Premio Fundación Banco Sabadell á Sostibilidade Mariña 2023.
A UVigo axudará a rexenerar as pradarías submarinas da ría de Aveiro e faro como socio do proxecto europeo LIFE SeaGrasRIAwild, unha iniciativa internacional que botou a andar hai unhas semanas e que propón un cambio de paradigma na restauración destes ecosistemas mariños, permitindo programas de restauración a grande escala que teñen efectos insignificantes nas praderías naturais xa existentes.
A utilización dos xogos serios ('serious games') como ferramenta no ámbito educativo foi este venres o eixo dunha xornada organizada polo Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, en colaboración co Capítulo Español e o Portugués da Sociedade de Educación do IEEE.
O proxecto Polbio, unha iniciativa coordinada polo Grupo de Bioloxía Ambiental da Universidade de Vigo en colaboración co centro EnergyLab que foi seleccionado dentro da convocatoria de Proyectos Estratégicos Orientados a la Transición Ecológica y a la Transición Digita do Ministerio de Ciencia e Innovación, celebrou este xoves un seminario en liña.
Analizar a problemática á que se enfronta o sistema de xustiza en materia de familia e sucesións ante a transformación tecnolóxica e dixital. Esté o principal obxectivo co que este xoves arrancou en Vigo o II Congreso Ibérico de Dereito de Familia e Sucesións: retos substantivos e procesuais anta unha nova realidade tecnolóxica.
O sector aeroespacial da eurorrexión, a prevención e extinción de incendios forestais e a biofrabricación de órganos e tecidos. Estes son os campos de traballo dos tres novos proxectos concedidos á Universidade de Vigo no marco da nova convocatoria do programa POCTEP, iniciativa de cooperación transfronteiriza dentro do Interreg VI España-Portugal.
Un dos obxectivos do plan anual de actividades Ciencia de Ida e Volta elaborado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación (UCC+i) da Universidade de Vigo e con financiamento da FECYT, é potenciar as capacidades do persoal investigador para comunicar o seu traballo e trasladar á sociedade os avances científicos.
Despois do parón pola pandemia, o Ciclo de Cine e Lingua regresa este outono cunha edición dedicada ás mulleres directoras. E farao nun novo escenario ao trasladarse do edificio Cambón á sede institucional da Universidade no Berbés.
Investigadores do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo e da Escola Politécnica Federal (ETH) de Zurich desenvolveron un método estatístico que permite detectar que liñaxes celulares evolucionan máis rápido.
Continúa a colleita de premios para o proxecto europeo rurAllure. Se hai apenas uns días recibía na cidade chipriota de Paphos o premio Destination of Sustainable Cultural Tourism 2023 na décima edición dos ECTN Awards, esta fin de semana fíxose co Premio Skål Europe de Turismo Sostible.
A Universidade de Vigo e a ONCE acaban de asinar un acordo de colaboración para o desenvolvemento do proxecto de investigación Alteración da membrana mitocondrial en cegueiras asociadas a ciliopatías. Determinación de novas dianas, liderado pola catedrática Diana Valverde, subdirectora do CINBIO
Este venres a Zona Franca de Vigo acolleu a presentación do Informe de Conxuntura Socioeconómica III/2023 do Foro Económico de Galicia, foro coordinado polo grupo Governance and Economics Research Network (Gen) da Universidade de Vigo.