A finais de maio, o Cisne certificaba cunha vitoria sobre o Barcelona B o seu ascenso á Liga Asobal, a máxima categoría do balonmán español, á que o club pontevedrés retornará a vindeira tempada despois de lograr en 2020 o primeiro ascenso á máxima división da súa historia. Co obxectivo de recoñecer este logro deportivo, a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte promoveu na tarde deste mércores unha recepción ao primeiro equipo do Club Cisne Balonmano
16/06/2022