Manuel Reigosa, reitor da Universidade de Vigo, e José Enrique Román, director xeral de Boeing Research & Technology-Europe, asinaron este mércores no campus de Ourense un convenio de patrocinio para a promoción da formación aeroespacial e as carreiras de enxeñarías. A colaboración abrangue aspectos como a creación dun laboratorio na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo, ubicada neste campus, a realización de prácticas do alumnado deste centro na empresa e a creación dun premio para fomentar o talento.
18/09/2019