Cada 29 de setembro celébrase o Día Internacional da Tradución, unha data coa que lembrar a Jerónimo de Estridón, tradutor da Biblia, e sobre todo coa que crear conciencia sobre a importancia que ten esta profesión nunha sociedade cada vez máis globalizada. Desde Vigo, a Facultade de Filoloxía e Tradución, organiza tamén cada ano diferentes actividades coas que celebrar esta data e este ano, e xa van tres, fíxoo coas Xornadas Nós Outras. Comportamentos tradutivos, unha actividade coa que reivindicar o papel das mulleres nunha profesión cada vez máis feminizada.
01/10/2018