O incerto señor Don Hamlet de Cunqueiro e elementos procedentes tanto da obra orixinal de Shakespeare como do relato A Cartomante, do brasileiro Machado de Assis, combínanse coas dinámicas dun videoxogo nunha proposta de teatro interactivo que ten como directores artísticos a integrantes do grupo ComTecArt.
Avaliar os efectos dunha intervención baseada en exercicio terapéutico no benestar psicolóxico dun grupo de vítimas de violencia machista é o obxectivo do estudo que leva a cabo o grupo de investigación FS1, da Facultade de Fisioterapia, co financiamento da Deputación de Pontevedra,
Un grupo de investigadores do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais da Universidade de Vigo, Cintecx, serán os encargados de probar unha nova caldeira que funciona ao 100% con hidróxeno verde. Deseñada e fabricada polo grupo Ferroli, é froito do intenso traballo que esta empresa vén desenvolvendo na procura de sistemas para o confort do fogar con baixos niveis de contaminantes e baixas emisións.
A noción de gráfica contemporánea expándese hoxe moito máis aló da posibilidade de xerar unha obra con varias copias, englobando un conxunto de procesos e posibilidades respecto das que 13 artistas propoñen unha reflexión, en forma precisamente de obra gráfica, na última publicación do grupo de investigación dx5 da Facultade de Belas Artes
Un total de 23 mozos e mozas foron seleccionados nesta tempada para o Programa de Tecnificación CGV-CGTD da Federación Galega de Vela, no que se forman as novas promesas deste deporte, que contan coa colaboración do Laboratorio de Rendemento Deportivo, Condición Física e Benestar da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte na súa preparación física e readaptación.
Esta semana botou a andar en Polonia un proxecto europeo de innovación educativa que ten como finalidade potenciar e fomentar a organización de actividades académicas fóra das aulas e dos laboratorios.
Creada en 2019, a Unidade de Convivencia e Resolución Positiva e Resolución Positiva de Conflitos (ConviveUVigo) promove cada ano un acto conmemorativo do Día Europeo da Mediación, dirixido a afondar nos múltiples aspectos que inciden neste proceso de resolución de conflitos a través do acordo entre as persoas implicadas.
Integrantes da ONG Project Net, que coordina en diferentes cidades de Letonia un proxecto de universidade sénior, participaron este xoves na Facultade de Comunicación nunha sesión formativa sobre creación de podcasts, inserida nas actividades dun proxecto Erasmus+ co que buscan pór en marcha unha "radio sénior".
A bordo do buque polar búlgaro Sv Sv Kiril i Metodii RSV, os investigadores Mariano Lastra, Jesús Souza Troncoso e Jesús López, membros do Centro de Investigación Mariña CIM-UVigo, chegaron a pasada fin de semana á base Gabriel de Castilla, en Illa Decepción.
A pesar de que a reciclaxe de vidro pode considerarse un caso de éxito comparado con outros materiais, cada ano 28.000 millóns de botellas e recipientes de vidro acaban en vertedoiros sen posibilidade de seren reciclados. Pare reverter esta situación, o grupo LaserON lidera un proxecto europeo que tratará de revolucionar o proceso de reciclaxe do vidro desenvolvendo unha tecnoloxía radicalmente nova denominada “glass laser transformation”.
18 canles optan a facerse cos Premios Youtubeiras 2023 nalgunha das súas oito categorías: Canle, Youtubeira, Youtubeira Revelación, Vídeo, Calidade Lingüística, Pioneiro, Rede e Premio do Público.
Silencios arredor dos abusos no seo da igrexa católica; silencios ante a discriminación por razón de sexo ou de raza; silencios sobre os problemas de saúde mental. Son moitos os silencios que, agochados na literatura irlandesa contemporánea, falan do que non se fala. E son eses silencios nos que se centra o libro Narratives of the Unspoken in Contemporary Irish Fiction: Silences that Speak, presentado este luns.
Achegar tanto ao alumnado universitario como ao público xeral un conxunto de nocións respecto das principais institucións do sistema político español e as súas dinámicas de funcionamento. Ese é o propósito central do novo libro do profesor da Facultade de Dirección e Xestión Pública Álvaro Xosé López Mira.
Identificar zonas clave na prevención e diminución dos efectos destes grandes lumes nas zonas fronteirizas entre España e Portugal é o principal obxectivo do proxecto Firepoctep +, que lidera a EE Forestal e no que participan 17 institucións e entidades dos dous países.
O director de Ecobas, Xavier Labandeira, acaba de ser nomeado novo secretario xeral do Policy Outreach Committee da Asociación Europea de Economistas Ambientais e dos Recursos, EAERE, polas súas siglas en inglés.