Máis alá do seu uso en instalacións que precisan dun elevado nivel de seguridade e polo tanto da utilización de métodos moi intrusivos, a biometría ofrece outras aplicacións das que se poden beneficiar amplos sectores da sociedade. Tal é o caso de dispositivos de recoñecemento nos que o sistema se adapta ao perfil do usuario, ou de aplicacións relacionadas con buscas a través de bases de datos multimedia.
Creado no ano 2001, o grupo de Tecnoloxías Multimedia da Universidade de Vigo que integra a case unha vintena de persoas traballa, ademais de en biometría, en procesado de sinal de audio, de fala, recoñecemento, síntese, codificación tanto en audio como en fala e tamén procesado de imaxe relacionada con visión artificial para a industria ou tratamento de imaxe remota.
19/01/2010