Sen artigos, sen a precisa conxugación verbal galega, cunha estrutura gramatical totalmente oposta, con tres alfabetos diferentes e cun deles, o Kanji, formado por figuras similares aos ideogramas chinos, cunha lectura complexa e dos que é necesario coñecer preto de 2000 para poder desenvolverse na vida cotiá. Son moitos os aspectos que separan ao xaponés do galego, unhas diferenzas que fan que só dúas persoas se atrevan a traducir directamente as obras de escritores de Xapón á lingua de Castelao: el, Gabriel Álvarez, un licenciado en Tradución e Interpretación de O Carballiño gañador do IV Concurso Literario de Traducións da Universidade de Vigo; ela, Mona Imai, licenciada en Ciencias do Mar no campus vigués, antiga profesora de xaponés no Centro de Linguas e unha namorada de Galicia dende que era unha cativa.
21/09/2011