Achegar ao alumno a conceptos básicos de cartografía, introducilo no manexo de sistemas de información xeográfica e desenvolver aplicación básicas do software gvsig son os obxectivos principais do curso Sistemas de información xeográfica (SIX). Software libre.
O seminario, inserido na programación de verán da vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes, abranguerá “unha serie de conceptos básicos de cartografía e sistemas de información xeográfica, vendo as súas utilidades, apoiándonos en determinados exemplos e casos prácticos”, explica Aida Ovejero, directora desta cuarta edición do curso. De xeito específico “traballaremos co software gvsig, unha ferramenta orientada ao manexo de información xeográfica, capaz de xestionar formatos raster e vectoriais, así como de obter datos a través de servidores de mapas”, sinala.
09/06/2009