Cun aforo completo, a firma Masscob inaugurou onte a terceira edición do ciclo Os Xoves de Moda que se celebrarán cada semana na Casa das Campás ata o vindeiro 29 de maio. “A nosa intención é que haxa un contacto con profesionais para que nos conten a súa experiencia e o seu traballo, algo moi importante para a formación dos nosos alumnos”, comentou Lola Dopico, a directora da Escola Superior de Deseño Téxtil e Moda de Galicia na inauguración do programa. Da man de Marga Massanet e Jacobo Cobián, os deseñadores dunha das marcas galegas máis recoñecidas a nivel internacional, os asistentes escoitaron as circunstancias que levaron aos dous emprendedores a montar a súa propia empresa de deseño e como, grazas ao esforzo e a tenacidade, lograron saír adiante.
28/03/2008