Probar e ensaiar para encontrar o camiño final que defina ao artista para o resto da súa vida profesional. Esta é a filosofía de traballo que defenden as novas promesas da Facultade de Belas Artes, Sabrina Fernández, Diego Machargo, Laura Estévez e Hugo López, na exposición colectiva Pruebas de Estado y Color na Galería Bacelos de Vigo. “Os autores, que roldan entre os 21 e os 25 anos, atrévense a mostrar as súas probas de estado, os ensaios que van facendo para chegar á imaxe final de si mesmos, á definitiva”, explica María Peña Lombao, comisaria da mostra.
12/09/2011