As estrelas, os planetas, a lúa e as galaxias estarán a partir de agora un pouco máis preto do campus, xa que coincidindo coa celebración do Ano Internacional da Astronomía, a Facultade de Ciencias estrea unha cúpula de observación astronómica instalada no tellado do edificio. Para completar o conxunto, no mes de maio chegará dende Estados Unidos un telescopio Meade LX200 de 16 polgadas.
A idea de instalar este observatorio nace en parte do desexo de achegar Ourense ao campus xa que “os obradoiros e cursos que aquí se realicen estarán abertos a toda a cidadanía”, explicou Humberto Michinel, investigador e docente do obradoiro de Introdución á observación astronómica.
13/03/2009