Ourense campus animado! Leisure day. Baixo este título o campus de Ourense celebrou este xoves a súa particular festa de benvida a un novo curso académico. Organizado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e as asociacións estudantís CUCO, Comités, ALEHOU e XOU, a xornada espallou polo campus mesas de información e actividades de cociña, deportes, xadrez, música, danza e maxia, froito en moitos casos do traballo dos obradoiros culturais. Unha xornada diferente que entre clase e clase animou o ambiente do campus e que pretendeu animar ao alumnado a participar da vida universitaria.
13/10/2011