A quinta xornada da Liga Galega de Xadrez saldouse cun resultado moi positivo para o equipo da Universidade de Vigo, que sumou este sábado a quinta vitoria consecutiva no encontro disputado no campus ante o Algalia A. O marcador rematou cun 4 -2 debido á derrota do mestre internacional Diego Guerra, que foi compensada coas táboas de Rafael Rodríguez e Alberto Estévez e as vitorias de Francisco Carreira, Avelino Leirós e o capitán do equipo universitario, Pablo García. Con este resultado, o Universidade de Vigo mantense á fronte da clasificación xeral con 24 puntos, seguido de preto polo seu principal rival, o Marcote A, a tan só 0.5 puntos de diferenza.
08/02/2010