Dende o nivel de iniciación ata o avanzado, pasando pola lingua administrativa ou a corrección de erros, o catálogo de cursos de galego que organiza a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo trata de dar resposta ás necesidades de toda a comunidade universitaria. Para este primeiro cuadrimestre son un total de seis cursos con diferentes temáticas abertos tanto ao persoal docente e investigador, como ao persoal de administración e servizos e o estudantado.
14/09/2022