Consolidado xa como un dos eventos musicais máis singulares de toda Europa, este xoves arrancou na illa de San Simón unha nova edición do Festival Sinsal Son Estrella Galicia, a gran cita dos artistas comprometidos coa creación contemporánea e no que, un ano máis, a Universidade de Vigo tamén quixo colaborar, tanto a nivel patrocinio, a través da Unidade de Igualdade, como da participación do alumnado de Belas Artes e Esdemga.
27/07/2018