Do Audible 2018, ciclo promovido pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia co comisariado de Vertixe Sonora, trae este xoves 14 de xuño un novo espectáculo ao campus de Ourense. A antiga capela universitaria acollerá ás 20.00 h o denominado cómic sonoro Wendy vai a México, no que a dramaturga Nastascha Gangl e o dúo electroacústico Rdeča Raketa constrúen un relato surrealista que parte da personaxe de cómic Wendy, nada en 1986.
13/06/2018