Co inicio do curso académico 2020/201, o Coro Universitario do Campus de Ourense Schola Cantorum afrontou tamén a súa volta á “nova normalidade”. Baixo a dirección de Ruth González, a agrupación empezou os seus ensaios semanais, nos que se mestura actividade presencial nas instalacións universitarias e virtual. Neles está participando unha media de trinta cantores e cantoras. “O cambio máis significativo é conseguir que todos os membros do coro teñan a tranquilidade e seguridade de poder seguir cantando, cumprindo as normas sanitarias que debemos ter en conta”, comenta a responsable da agrupación.
06/10/2020