A terceira ruta cultural deste curso académico celebrarase o sábado 20 de novembro e consistirá nun percorrido circular pola Illa de Arousa, na provincia de Pontevedra. Hai 80 prazas dispoñibles para os tres campus da institución académica.
A Aula de Gaita Galega tense convertido cuadrimestre a cuadrimestre nun dos obradoiros máis consolidados da oferta de extensión universitaria que organiza a Vicerreitoría do Campus de Ourense, con financiamento da Deputación de Ourense.
56 persoas procedentes dos tres campus da Universidade de Vigo participaron este sábado 6 novembro na segunda ruta cultural organizada este curso académico pola Área de Benestar, Saúde e Deporte.
Virxilio Rodríguez, profesor de Dereito Penal da Universidade de Vigo, recibiu este mércores en Gres, Vila de Cruces, o VI Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta pola súa obra Off the record.
Desde principios de outubro e ata finais de novembro, alumnado de grao e doutoramento da Facultade de Ciencias do campus de Ourense asiste ao curso Experiencias prácticas para a valorización da biomasa.
O sábado 6 novembro a Área de Benestar, Saúde e Deporte da Universidade de Vigo celebrará a segunda ruta cultural deste curso académico. A andaina transcorrerán polas fragas do río Barragán, en Pazos de Borbén (Pontevedra).
Este xoves, a Facultade de Dereito do campus de Ourense acolleu un obradoiro que tivo como obxectivo achegarse ao estado actual da utilización dos medios electrónicos nas sociedades de capital, aos seus problemas e paradoxos.
Un curso académico máis a Facultade de Dereito volverá a acoller a celebración do seu Curso de Actualización Xurídica. A iniciativa, que cumpre a súa cuarta edición, contará con oito conferencias
A emigración galega a Arxentina protagoniza un destacado capítulo na historia dos últimos séculos de Galicia. Ela foi a protagonista este mércores na Facultade de Historia dunha conferencia ofrecida por Ruy Farías.
Co obxectivo de contribuír a esa relectura da historia desde unha perspectiva de xénero, a Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este luns a celebración da IV Xornada Olladas á antigüidade: maternidade e infancia.
O vindeiro 27 de outubro celebrarase de xeito virtual a terceira edición das xornadas de Control de xestión desde unha perspectiva de xénero, co-organizadas pola Universidade de Vigo e AICOGestión.
A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da UVigo iniciou este xoves pola tarde a programación deste curso académico do seu ciclo de conferencias divultagivas Foro Aero. Foi cunha conferencia de Jorge Potti.
O ciclo de charlas divulgativas Conversas, do programa de mentorización Meta, da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, arranca a súa programación deste curso académico.
A Cátedra de Empresa Familiar da Universidade de Vigo arrancou este martes a súa programación de actividades deste curso académico cunha conferencia titulada Aceites Abril: a organización dunha empresa familiar.
As rutas culturais da Universidade de Vigo arrancaron estes sábado a súa programación do curso 2021/2022 cunha andaina polos muíños do río Loña, no Concello de Pereiro de Aguiar.