As abondosas chuvias dos últimos meses puxeron en evidencia o impacto que os aportes de auga doce teñen nos ecosistemas mariños e, consecuentemente, na produción marisqueira. Para achegar un pouco máis luz sobre este proceso, un grupo de investigadores do CIM-UVigo realizaron un estudo pioneiro que replica as condicións do hábitat mariño no mesocosmos de bancos marisqueiros intermareais para estudar os efectos das frecuentes baixadas de salinidade que ocorren en Galicia e a súa relación coa Zostera noltei.
02/02/2024