A Escola de Enxeñaría de Telecomunicación presume este xoves e venres da creatividade do alumnado que está a piques de titularse. Faino, como cada ano, coa celebración dos LPRO Days, unha actividade organizada a modo de feira tecnolóxica.
Os problemas relacionados co medio ambiente e o cambio climático centraron este mércores a presentación de proxectos da vixésima edición do Congreso de Traballos Colaborativos, unha experiencia na que alumnas e alumnos de distintos graos traballan conxuntamente.
Preto dun cento de estudantes dos graos de Economía e de Administración e Dirección de Empresas asistiron este luns na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo á Xornada As Cooperativas Agroalimentarias en España.
Atendendo á concentración de empresas por número de habitantes Vigo é a quinta cidade do Estado español en produción editorial. Así se explicou este xoves na Facultade de Filoloxía e Tradución na apertura das Xornadas Tradución Editorial.
A dobraxe ao galego da exitosa serie animada Sonic Prime, estreada o pasado mes de decembro en Netflix, foi este xoves o fío condutor dunha mesa redonda celebrada na Facultade de Filoloxía e Tradución sobre á situación da dobraxe en Galicia.
En agosto de 2021, un día despois da caída de Afganistán en mans do réxime talibán, a astrónoma e enxeñeira Amena Karimyan recibiu, na súa casa en Herat, un correo electrónico e unha chamada da catedrática da Universidade de Vigo Ana Ulla Miguel.
Os docentes da Área de Dereito Financeiro e Tributario organizaron para este mes un novo curso no que as persoas asistentes terán a oportunidade de pórse ao día dos diferentes instrumentos normativos cos que conta a Administración Tributaria ante o reto dos novos modelos de negocio.
O curso de Advanced Trading celebrará entre mediados de febreiro e mediados de marzo a súa sexta edición. Esta formación ten como obxectivo ofrecer ao alumnado a oportunidade de ampliar coñecementos sobre o investimento bolsista mediante a aplicación das novas tecnoloxías ás transaccións nos mercados financeiros.
Un ciclo de lingua e calidade e outro sobre xestión do multilingüismo nas aulas. Estas son as grandes novidades da oferta formativa da Área de Normalización Lingüística para o segundo cuadrimestre, un abano de posibilidades que inclúe sete cursos formativos en lingua galega.
“É un curso único, debido a que nel participan profesores de diferentes países, o que permite ofrecer unha visión do Dereito Comparado na materia de Dereito do Traballo e da Seguridade Social".
Desde este xoves todas as persoas interesadas no mundo dos videoxogos poden votar os seus títulos favoritos de 2022, xa sexan en español, galego, catalán ou éuscaro. Así arranca a segunda edición dos premios ETIV-UVigo á localización de videoxogos.
Ata finais desta semana (22 xaneiro), nuns casos, e ata mediados da seguinte (26 de xaneiro), noutros, permanecerá aberto o prazo de inscrición nos cursos, que para o segundo cuadrimestre oferta o Centro de Linguas da UVigo.