Benposta, lembra Xosé Manuel Cid, decano da Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense, “sempre foi para nós un referente pedagóxico” que aínda que en Ourense neste momento non ten continuidade si a ten en países a onde se expandiu este proxecto ourensán a partir dos anos 70 do século pasado. Alumnado do centro, concretamente do Grao de Educación Social, terá a oportunidade o vindeiro curso académico de facer as súas prácticas nun deste lugares onde a semente de Benposta Ciudad de los Muchachos agromou, como é Bogotá, a capital de Colombia.
16/05/2023