Dende o século XVI ata este principio do XXI, mantense un esquema semellante na docencia universitaria, cun mesmo espazo e método didáctico. Esta situación esta a mudar aceleradamente nos últimos anos de cara á incorporación na formación das tecnoloxías de información e comunicación. Para afondar nestes cambios de metodoloxía, Manuel Area, profesor da Universidad de La Laguna ofreceu un relatorio, enmarcado dentro do ciclo de conferencias organizadas pola Vicerreitoría de Formación e Innovación Educativa. Para Area, “nesta última década a sociedade está a pasar por unha serie de cambios radicais e os estudantes, que son a nosa materia prima como docentes, tamén están a transformar as súas opcións de ocio, comunicación e cultura”.
17/12/2007