No 2010/2011, 704 estudantes da Universidade de Vigo cursaron parte dos seus estudos no estranxeiro e, ao tempo, os campus de Vigo, Ourense e Pontevedra foron o destino elixido por 515 alumnos e alumnas doutras nacionalidades para levar a cabo as súas estadías internacionais. Son algúns dos datos que se recollen na memoria do curso pasado da Oficina de Relacións Internacionais, un documento cargado de cifras “nas que se reflicte que a universidade viguesa sigue a liña de crecemento continuo en ambos tipos de mobilidade”, subliñou o vicerreitor de Relacións Internacionais, Manuel Fernández Iglesias, que fixo tamén fincapé en que, pese ao contexto de profunda crise económica, a Universidade segue a incrementar o seu nivel de internacionalización.
26/03/2012