A terceira edición do Premio Panhispánico de Tradución Especializada, convocado pola Unión Latina e a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía, está en marcha un ano máis co obxectivo de galardoar as mellores traducións ao castelán de obras científico-técnico-profesionais realizadas por expertos residentes en calquera dos Estados e territorios de lingua oficial española. Do mesmo xeito, créase un premio rexional para a mellor obra de tradutores procedentes das rexións Norte, que abrangue a México, América Central e o Caribe; a zona Andina, que inclúe Bolivia, Colombia, Ecuador, Perú e Venezuela; o Cono Sur, con Arxentina, Chile, Paraguay e Uruguay, e por último España.
13/12/2007