Baixo o título Dispositivo de Intercambio, oito alumnos Erasmus da Facultade de Belas Artes, procedentes de diversos países de Europa, amosan no Centro Sociocultural da Trisca en Santiago de Compostela os traballos feitos ao longo da súa estancia en Pontevedra. Con esta exposición, enmarcada no contexto da práctica dunha materia de quinto curso, preténdese achegar a realidade do mundo profesional aos estudantes, xa que nela teñen que organizar en grupo unha mostra na que se responsabilizan da xestión e e que isto conleva: presentación do proxecto, transporte, montaxe e, por suposto, a súa comunicación.
Andrei Bosneaga, Ana Maria David, Alexandru Cristian Munteanu, David Deshormeaux, Thomas Dufour, Louise Lavaud, Katariina Vesterinen e Guiomar Díaz Sanz son os oito protagonistas da mostra composta por fotografías, esculturas, pinturas e instalacións e se pode visitar ata o vindeiro 30 de abril.
23/04/2008