Diagnose, obxectivos, indicadores, compromisos e proxectos a curto e longo prazo son os contidos que se describen na carta de servizos que catro alumnos do último curso do Grao en Dirección e Xestión Pública están a deseñar para a empresa Turismo de Pontevedra, encargada de xestionar os recursos turísticos do municipio. Este traballo, que xa vén desenvolvéndose dende comezos de mes, é froito da colaboración entre Universidade e Concello mediante un convenio de prácticas, presentado este mércores na sede da alcaldía polo profesor de Ciencia Política e da Administración e responsable de prácticas do grao, Enrique José Varela e o concelleiro de Turismo e Educación, Julio Castela.
14/07/2010