Trala anterior etapa entre as rías de Vigo e Pontevedra, os roteiros volven á provincia de Ourense este sábado día 12, concretamente á Ribeira Sacra. A rota comezará en San Pedro de Rocas, a onde os participantes chegarán en autobús, e rematará coa visita cultural ao Mosteiro de Santa Cristina. Ao longo dos 20 quilómetros dos que consta o percorrido atravesaranse os pobos de Arcos, a zona da Virxe do Monte, Cachaldora, Vilouche e Castro, dende onde se descenderá ata Santa Cristina.
08/01/2008