O Cineclube Padre Feijóo puxo en marcha un novo ciclo de estreas en versión orixinal con filmes de distintas procedencias. A iniciativa leva por título Catro miradas do mundo e inclúe outras tantas películas procedentes de Turquía, Romanía, Estados Unidos e Suíza. As proxeccións comezarán este mércores, 3 de marzo, no Cinebox co pase da película turca Tres Monos dirixida por Nuri Bilge Ceylan e continuarán nos tres mércores sucesivos (10, 17 e 24 de marzo) cos filmes Como celebrei a fin do mundo, Río xeado e Home, Doce fogar?
02/03/2010