O cantautor mallorquín Riki López presentou este mércores no campus o seu último traballo discográfico, Buenrollitina, no marco das actividades organizadas con motivo da Intercultural. O artista acompañou cada un dos temas por comentarios cheos de ironía e humor cos que conseguiu seducir ao público. Riki López comezou a súa traxectoria profesional no ano 1997 coa publicación do seu primeiro disco, República Anónima e, dende aquela, desenvolve unha prolífica carreira que evoluciona cada vez máis cara unha vertente cómica e humorística.
17/03/2010