Con 23 votos a favor, seis en contra e unha abstención, o Consello de Goberno aprobou o orzamento da Universidade de Vigo para o 2008 por un importe de 174,2 millóns de euros, o que supón un incremento dun 14% respecto aos ingresos consignados no ano 2007. Do total dos 174 millóns de euros, o 65% do total, 114 millóns, proceden do Plan de Financiamento da Xunta, mentres que 27,3 millóns proceden de financiación externa por competencia, 15,7 de precios e taxas e 17,5 millóns, doutros ingresos. Unha vez aprobado polo Consello de Goberno, o presuposto deberá ser ratificado polo Consello Social que se reunirá o vindeiro día 27 de decembro.
18/12/2007