Xunto cos factores biolóxicos diferentes e cos axentes sociais que inflúen de maneira inxusta na saúde das persoas, o benestar específico das mulleres é un tema que, moitas veces, queda esquecido. Ante esta realidade, a Unidade de Igualdade organiza, por segundo ano consecutivo, o curso gratuíto Muller e saúde, dirixido especialmente ás mulleres. “Trataranse os mesmos contidos ca na anterior edición, pero máis en profundidade e, sobre todo, haberá espazo para resolver todas as dúbidas, xa que na última edición o tempo quedou un pouco escaso”, comenta a directora da Unidade de Igualdade.
10/05/2017