O programa de mobilidade macrorrexional de Galicia e o norte de Portugal, Iacobus, verá ampliado o seu ámbito xeográfico, así como os colectivos que del se están a beneficiar, tralo acordo adoptado hoxe pola Conferencia de Reitores das Universidades do Suroeste de Europa, Crusoe, reunida en Vigo, nunha xuntanza previa ao acto de celebración e ratificación da adhesión da comunidade autónoma de Cantabria á macrorrexión de Rexións do Sudoeste de Europa, Resoe, no que participaron os presidentes e responsables políticos de Galicia, Asturias, Castela e León, as rexións norte e centro de Portugal e Cantabria. Así mesmo, na xuntanza, a Resoe realizou unha encomenda formal á Conferencia de Reitores para elaborar un mapa de capacidades por sectores e actividades económicas que permita posicionar politicamente determinados tipos de proxectos tractores para o seu financiamento estrutural.
14/03/2017