Como calquera manifestación artística, o cinema tamén posúe a calidade de cuestionarse a si mesmo e afondar no seu universo, ben, profundando no cine como temática ou contexto para o desenvolvemento argumental ou dramático, ben, destacando a súa natureza artificial e centrando a súa atención nos significantes fílmicos (son e imaxe), ben, focalizando a súa atención nos procesos de preprodución, produción ou posprodución e incluso referíndose e reflexionando sobre a propia condición espectactorial. O ciclo Arredor de si, inserido na programación cultural da Vicerreitoría do campus, comezará o venres 20 de xaneiro coa proxección de A muller do tenente francés.
16/01/2017