O cambio climático, os procesos de vacinación ou o control de pandemias son temas de total actualidade nos que se confrontan intereses individuais e colectivos e os beneficios inmediatos e a longo prazo. Son coñecidas como situacións de risco colectivo, escenarios complexos que conforman dilemas sociais suxeitos a moitas incertezas, dende a probabilidade de que a catástrofe ocorra, ata o tempo dispoñible para evitala. Nestes contextos e nas posibles respostas dos seres humanos céntrase a tese de doutoramento de Elías Fernández Domingos, dirixida polos profesores Tom Lenaerts e Juan Carlos Burguillo.
07/06/2021