Foron anos difíciles, anos de crise marcados por recortes nas achegas públicas ás universidades, pola taxa de reposición, por problemas demográficos que facían pensar nun claro descenso da matrícula nos graos... Esa era a contorna na que estaba a Universidade de Vigo cando Salustiano Mato foi elixido reitor en 2010. Agora, a poucos días de abandonar o cargo, recolle nun libro, titulado Reflexións desde o compromiso, “o que foi a historia recente da Universidade de Vigo nestes oito anos”.
16/05/2018