A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do campus de Ourense celebrou este mércores unha nova sesión do seu ciclo de conferencias Foro Aero a través do Campus Remoto da UVigo. Nesta ocasión, Diego Nodar, director de operacións de Alén Space, falou ao alumnado e profesorado asistente sobre a industria dos nanosatélites. Na súa intervención explicou a experiencia neste sector desta empresa, nada como spin-off da Universidade de Vigo, que conta xa cunha experiencia de máis de dez anos en deseño, fabricación e operación de pequenos satélites.
25/03/2021