As mulleres traballadoras da pesca en Galicia sofren unha dobre segregación: por unha banda, hai unha división entre oficios masculinos e femininos, sendo estes últimos os peor pagados e con peores condicións laborais. Para analizar esta división horizontal e vertical, unha xornada reunirá no campus de Vigo especialistas internacionais e representantes de diferentes colectivos, dende redeiras ata mariscadoras ou mesmo unha das poucas patroas de altura que existen en Galicia.
02/10/2019