Tras o parón obrigado pola pandemia, o Congreso de Traballos Colaborativos retomou a presencialidade para celebrar a súa décimo sétima edición, este venres no edificio Miralles. Esta iniciativa, que botou a andar en 2012, é unha aposta polo traballo en equipo e a multidisciplinariedade a través da realización dun proxecto colectivo.
03/12/2021