Unha homenaxe á escritora recoñecida neste 2018 co Día das Letras Galegas, María Victoria Moreno, e ao seu amor á lingua galega, e un recoñecemento aos gaoñadores e gañadoras dos Premios de poesía, relato curto e tradución literaria que promove a Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. Estes foron os dous eixos do acto que este mediodía enxalzou o galego e as súas letras na Casa das Campás lembrando tanto a unha escritora e docente “sementadora de futuro”, como salientou o reitor en funcións, Salustiano Mato, e poñendo en valor aos integrantes da comunidade universitaria recoñecidos con estes galardóns, “que seguindo o ronsel de María Victoria Moreno, cultivades o uso do galego e sementades futuro”.
14/05/2018