As pistas de atletismo do campus de Ourense acollerán este sábado, 8 de maio, a celebración do VII Ourense Termal Athletics Meeting, que contará coa participación de máis de 200 atletas, algúns deles de nivel internacional. Desde a súa organización destacan como “vai a ser a edición máis disputada, non hai grandes favoritos”, facendo fincapé no “nivel medio alto” das e dos deportistas participantes.
06/05/2021