O alumnado das enxeñarías do campus de Vigo decidiu hai xa 20 anos non agardar polas ofertas das empresas e decidiron ser proactivos e organizarse para atraer o tecido empresarial ao campus, para establecer contactos e traballar na súa inserción laboral de xeito directo a través do Foro Tecnolóxico de Emprego. Esta cita, organizada integramente por estudantes da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación e a Escola de Enxeñería Industrial, arrancou este mércores cun acto inaugural no que o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, fixo unha reivindicación do talento que se xera na UVigo e demandou unha aposta firme por retelo en Galicia, felicitando á organización polo esforzo de poñer en marcha un evento “de alumnos para alumnos”.
04/03/2020